green day

http://www.youtube.com/watch?v=8KtTyc-joRE

jueves, 24 de marzo de 2011

Máscaras


filtros

filtros

<embed type="application/x-shockwave-flash" src="https://picasaweb.google.com/s/c/bin/slideshow.swf" width="400" height="267" flashvars="host=picasaweb.google.com&hl=es&feat=flashalbum&RGB=0x000000&feed=https%3A%2F%2Fpicasaweb.google.com%2Fdata%2Ffeed%2Fapi%2Fuser%2F105427623589941476214%2Falbumid%2F5587565726648404561%3Falt%3Drss%26kind%3Dphoto%26authkey%3DGv1sRgCMWbzNbg0876VQ%26hl%3Des" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer"></embed>

filtros

filtros

jueves, 10 de marzo de 2011

DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.



  • Redes locais:


Unha rede local é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través de tarxeta de rede, ademáis desta tarxeta o ordenador debe dispoñer dun software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo usado actualmente é TCP/IP, as redes que utilizan este protocolo chámanse intranet.
  • Topoloxía dunha rede.
Rede en aneltrátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. a información circula nun sentido,por o anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixase pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. É unha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
Rede en estrela: os ordenadores non están unidos directamente entre se, senón que o fan mediante un dispositivo especifico. Trátase dunha rede, moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP.
hub e switch:
 hub: este dispositivo chega a todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles, cando un ordenador envía información, o conector reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote
switch: actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero ademáis é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos
    • Cableado dunha rede local.
    Cableado coaxial: trátase dun cable que esta formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable é económico, transmisión de velocidade media e usa un conector BNC. Actualmente esta en desuso.

    Cableado UTP: este cable esta constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa, cada par de fíos esta enlazado para evitar as interferencias entre eles. Este cable é económico e velocidade boa. Necesita un conector RJ-45.

    Cableado de fibra óptica: transporta pulsos de luz a través de fibras de vidreo, polo que non lle afectan as correntes eléctricas. Esteas cables constan de fíos de fibra de vidreo protexidos por fibras kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto ten unha velocidade moi alta, usa conectores ST de fibra óptica
    • Redes inarámicas.

    Nestas redes inalambricastamen denominadas wi-fi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; déasche modo, conséguense gran liberdade de movementos.
    • Redes externas. Internet.

    É un conxunto de ordenadores conectados entre se cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países, a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude se lle considera xa como unha rede global. Para conectarse a ela utilízanse as redes telefónicas, a conexión inalambrica
    • Redes privadas virtuais.

    Son un tipo de redes especiais, posto que se utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
    • Conexión a través dunha liña telefónica.
    Módems: son dispositivos que permiten enviar ou recibir información atreves dunha liña telefónica convencional RTC, a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido en dixital.
    Tarxetas RDSI: a súa vantaxe en comparación coas RTC, destaca a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por ela é dixital non analóxica. Estas liñás dispoñen de varias canles polas que a conexión a Internet non impide que se poidan recibir chamadas.
    Módems ADSL: esta tecnoloxía permite o uso dun fío de cobre dunha lineatelefónica para a transmisión de de datos de alta velocidade e tamén permite o uso dunha liña telefónica.
    Liñas as ADSL permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de enviou.
    Para dispoñer da conexión ADSL é necesario dispoñer dun modem ADSL.
    Router.permite unir ordenadores coma se fose un hud ou un switch, os router son capaces de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar.
    O router tamén se encarga de que a información que pase polo non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos destinatarios, enviando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.
    • Conexión a través de cable. 

    Para conectarse a Internet pódese usar un cable. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova que non en toda as zonas esta dispoñible. Co cable a conexión non se establece directamente senón que se trata dunha conexión multipunto, na cal moito usuarios comparten o mesmo cable motivo polo que diminúe a transferencia a medida que se conecten os usuarios.
    • Conexión vía satélite.

    É unha alternativa para aceder a Internet, é unha conexión híbrida, posto aínda que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre. Ten unha alta velocidade fronte a outros sistemas de cables.
    • Conexión por ondas radioelétricas.

    Supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade. Coñéceselle como LMDS, que fai alusión á existencia de múltiples puntos cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferente taxa de transferencia de información. Posibilita mobilidade física do usuario, sen obrigarse a quedar nun mesmo sitio.
    • Conexión móbil.
    GSM. utiliza o concepto de comunicación por círculos, no a voz convértese nun sinal dixital codificado e transmitido ata un terminal encargado de descodificala. Poden alcanzar hasta unha velocidade de 9800bps.
    GPRS. baseado na conmutación de paquetes e non de círculos, con este sistema xa non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario porque poden ser compartidos. Pode alcanzar unha velocidade máxima de 115kbps.
    UMTS. traballa cunha frecuencia moi alta que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2Mbps, é posible a transmisión de datos, de voz, de TV e videoconferencias á vez. A transmisión de información realízase igual que no GPRS. Este sistema permite un conectado permanente á rede. Nos UMTS e GRPS a facturación non se realiza por tempo de conexión senón por volume de datos transmitidos.
    • Se queres obter máis información pincha aquí