Unha batea ten unha medidas de 19 metros de ancho e 27 metros de largo aproximadamente, e consiste nun enreixado de fortes trabes de madeira suxeitas entre si, formando un conxunto plano e cadrado. Sobre estas trabes crávanse outros paus máis finos e curtos, chamados pontóns ou cancos para aumenta-los puntos de fixación das cordas.
Do enreixado así construído átase un número variable de cordas, nas que se fixará e crecerá o mexillón . Nunha daquelas trabes fíxase un bloque de cemento, que serve de fixación ó punto de fondeo.
Este sistema de batea se utiliza para o cultivo ou engorde de moluscos, como ostra ou vieira, así como doutras especies mariñas, como crustáceos ou peixes, tralas necesarias modificacións estruturais que correspondan á especie cultivada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario